Conversa sobre Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Localizacion: 
Radio Piratona
Data: 
Martes, 27. Abril 2010

Conversa na Radio Piratona sobre Toni Negri con Abraham Rubin alias Sören Hauser do Proxecto Derriba, autor do libro Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude. editado por Estaleiro Editora no 2010.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Comochoconto - Futebol

Localizacion: 
compostela
Data: 
Xoves, 17. Xunho 2010

Co galho do mundial de futebol neste programa de Comochoconto fala-se de em que se converteu este jogo, como entrou na orbita do capitalismo e alguns contos relaçonados com ele

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Adaptacións radiofónicas das crónicas de Iván Prado [Pallasos en Rebeldía dende Palestina - abril/maio 2009].

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibin ao través de Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade aquila viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestiniano e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte do goberno de Israel.

Hoxendía a opresión continúa a aplastar ao pobo palestiniano, mais tambén a todo quel que dende o exterior tente levar axuda humanitaria a franxa de Gaza, como tristemente ten acontecido nos últimos días, nuns feitos que tristemente teñen dado a volta ao mundo grazas as valiosas testemuñas que sobreviviron aos inmisericordes ataques do "valeroso" exército israelí, co agravante de terse producido estes ataques en augas internacionais.

Mulheres e Vice-versa - Israel

Localizacion: 
compostela
Data: 
Venres, 4. Xunho 2010

Umha critica aceda sobre os assassinatos de Israel contra as integrantes da Flota da Liberdade e sobre o povo palestiniano

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 9

Data: 
Mércores, 26. Maio 2010

Novena edición de Xoubas, e penúltima desta tempada, interrompida ata fin de exames de xuño. Hoxe contamos coa presenza do noso amigo David, que xa nos acompañou hai dúas semanas co seu “Vituperio da serpe”, a sección inesperada e improvisada da que nós non sabemos absolutamente nada. Ademais, comentaremos os casos xudiciais máis rocambolescos dos USA, traemos crítica literaria, analizando “As 48 leis do poder”, un maquiavélico libro e, como xa é habitual en Xoubas, analizamos perlas zurullescas da historia do cine desaprobadas polas nais e as autoridades eclesiásticas.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 8

Data: 
Mércores, 19. Maio 2010

Por oitava vez, un buque veu do Gran Sol con toneladas de Xoubas frescas listas para vender. Aínda coa resaca da Ascensión e o regusto a pogo do concerto de Emir Kusturica, e sacrificando as tan esperadas tardes de sol para saír pescar, traémosvos unha hora do mellor do peor cine, sexo duro e sen compasión, amosamos as goteiras do sistema xudicial ianqui, e como plato principal, unhas boas cocochas: entrevistaremos aos mesmísimos Han Solo e Chewbacca, que veñen de visita ao noso planeta.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 7

Data: 
Mércores, 12. Maio 2010

Sétima edición de Xoubas, o noso pequeno curtocircuíto na corrente continua das ondas hertzianas. Hoxe está connosco o noso bo amigo David para marcar un fito na historia da radio: presentar a súa sección, da cal nós non sabemos absolutamente nada ata o momento en que comeza a falar. Co gallo da Fest Hortera da Radio Kalimera, faremos un especial adicado ao marabilloso mundo do horterismo. Tamén comentaremos os premios Stella ao absurdo xudicial e o máis cru da bizarra historia do cine.

 

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 6

Data: 
Mércores, 5. Maio 2010

 

Novena edición de Xoubas, o programa que máis cheira a peixe da radio minoritaria. Neste programa entrevistamos Pelegrín, o entrañable icono do Camiño de Santiago. Tamén contamos coa presenza da nosa sexóloga e mamporreira en ratos libre, Raquel, e recuperaremos a nosa sección de cine bizarro, para contemplar ata que punto hai xente que non debería ter unha cámara, e coma sempre os premios IgNobel. Inauguramos, paralelamente, unha seccion adicada aos Premios Stella, que se otorgan aos peores erros xudiciais dos EEUU.

 

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Comochoconto - Israel e Palestina

Localizacion: 
compostela
Data: 
Xoves, 3. Xunho 2010
Programa reemitido com motivo dos sucessos do assalto israeli á "Flota 
da Liberdade". Fora emitido em novembro de 2006, mas quatro anos depois
segue de actualidade.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Presentacion do Proxecto Derriba na Radio Piratona

Localizacion: 
Radio Piratona
Data: 
Martes, 27. Abril 2010

Entrevista a Sören Hauser do Proxecto Derriba na Radio Piratona.

PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra

PROXECTO DERRIBA é unha organización sen ánimo de lucro, adicada á reflexión en torno ó pensamento contemporáneo

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org
Divulgar conteúdo