dada

Xoubas 9

Data: 
Mércores, 26. Maio 2010

Novena edición de Xoubas, e penúltima desta tempada, interrompida ata fin de exames de xuño. Hoxe contamos coa presenza do noso amigo David, que xa nos acompañou hai dúas semanas co seu “Vituperio da serpe”, a sección inesperada e improvisada da que nós non sabemos absolutamente nada. Ademais, comentaremos os casos xudiciais máis rocambolescos dos USA, traemos crítica literaria, analizando “As 48 leis do poder”, un maquiavélico libro e, como xa é habitual en Xoubas, analizamos perlas zurullescas da historia do cine desaprobadas polas nais e as autoridades eclesiásticas.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 8

Data: 
Mércores, 19. Maio 2010

Por oitava vez, un buque veu do Gran Sol con toneladas de Xoubas frescas listas para vender. Aínda coa resaca da Ascensión e o regusto a pogo do concerto de Emir Kusturica, e sacrificando as tan esperadas tardes de sol para saír pescar, traémosvos unha hora do mellor do peor cine, sexo duro e sen compasión, amosamos as goteiras do sistema xudicial ianqui, e como plato principal, unhas boas cocochas: entrevistaremos aos mesmísimos Han Solo e Chewbacca, que veñen de visita ao noso planeta.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 7

Data: 
Mércores, 12. Maio 2010

Sétima edición de Xoubas, o noso pequeno curtocircuíto na corrente continua das ondas hertzianas. Hoxe está connosco o noso bo amigo David para marcar un fito na historia da radio: presentar a súa sección, da cal nós non sabemos absolutamente nada ata o momento en que comeza a falar. Co gallo da Fest Hortera da Radio Kalimera, faremos un especial adicado ao marabilloso mundo do horterismo. Tamén comentaremos os premios Stella ao absurdo xudicial e o máis cru da bizarra historia do cine.

 

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 6

Data: 
Mércores, 5. Maio 2010

 

Novena edición de Xoubas, o programa que máis cheira a peixe da radio minoritaria. Neste programa entrevistamos Pelegrín, o entrañable icono do Camiño de Santiago. Tamén contamos coa presenza da nosa sexóloga e mamporreira en ratos libre, Raquel, e recuperaremos a nosa sección de cine bizarro, para contemplar ata que punto hai xente que non debería ter unha cámara, e coma sempre os premios IgNobel. Inauguramos, paralelamente, unha seccion adicada aos Premios Stella, que se otorgan aos peores erros xudiciais dos EEUU.

 

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org

Xoubas 3

Data: 
Mércores, 14. Abril 2010

Benvidos á terceira edición de xoubas, o recuncho de entretemento e humor dadá da Radio Kalimera. Afastándonos do convencional, e regando o percal con boa música, todos os mércores de 6 a 7 nos podedes atopar no 107.9 do dial de Santiago de Compostilla.

descargar mp3 || descargar ogg || páxina en archive.org
Divulgar conteúdo